ARI

As Áreas de Rehabilitación conforman a base principal das actuacións de rehabilitación en contornos urbanos por parte do IGVS. Para isto é fundamental a colaboración dos concellos.

Declaración:

As Áreas de Rehabilitación Integral declararanse por resolución da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a petición dos concellos interesados en que se declare unha área no seu territorio.

Poderán tamén declararse de oficio polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, cando a área comprenda máis dun concello e motivos de interese arquitectónico, cultural ou social así o aconsellen.

Procedemento:

O procedemento de declaración a instancias do concello iniciarase mediante unha solicitude dirixida á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo acompañada da seguinte documentación:

a) Certificado de acordo do concello que aproba a solicitude da declaración de área de rehabilitación integral conforme a clasificación prevista no artigo seguinte.

b) Delimitación do ámbito proposto, determinación do planeamento vixente e parámetros urbanísticos polos que está afectada a área proposta.

c) Compromiso do concello para crear ou manter una oficina municipal de rehabilitación, con medios suficientes, para a xestión e o impulso de actuacións de rehabilitación no ámbito.

d) Memoria explicativa na que se recollan os seguintes extremos:

1) Obxectivos que se pretenden coa declaración proposta e indicadores de seguimento que permitirán analizar os mesmos.

2) Relación das rúas comprendidas dentro do ámbito.

3) Número total de edificios e vivendas no ámbito.

4) Número de edificios e vivendas susceptibles de rehabilitación.

5) Análise do proceso de degradación física, social e ambiental que clarifique a necesidade da declaración de Área de Rehabilitación Integral proposta, tales como o envellecemento demográfico, perda de poboación, abandono de actividades económicas ou baixo nivel de ingresos das persoas residentes.

6) Avaliación do nivel de deterioro de edificios e vivendas no ámbito.

7) Avaliación do custo estimado das actuacións de rehabilitación previstas de edificios e vivendas.

8) De ser o caso, proposta de actuacións de urbanización – reurbanización para impulsar a rexeneración do ámbito e avaliación dos seus custos.

9) De ser o caso, plan de realoxo temporal a súa programación e custo económico.

10) Planos xeoreferenciados coa delimitación da Área de Rehabilitación Integral solicitada. Escala 1:500.

Clases de Áreas de Rehabilitación Integral:

Áreas de rehabilitación integral xerais:

Son as áreas de rehabilitación integral que non pertenzan a ningunha das categorías consideradas nos apartados seguintes. Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 50 vivendas.

Áreas de rehabilitación de conxuntos históricos:

Son as áreas de rehabilitación integral que comprendan un ámbito que teña declaración de Ben de Interese Cultural e conte cun plan especial de protección. Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 50 vivendas.

Áreas de rehabilitación rurais:

Son as áreas de rehabilitación integral que se declaren en concellos menores de 5.000 habitantes e a súa configuración sexa predominantemente rural. Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 20 vivendas.

Por orde da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderán modificarse os límites mínimos de vivendas de cada clase, sempre que as características do ámbito que se vai delimitar así o xustifiquen debido ás características tipolóxicas das edificacións que conforman o ámbito, ao interese arquitectónico específico do conxunto, ao grado de deterioración das edificacións unido a baixos niveis de renda dos titulares das vivendas ou á extensión do ámbito catalogado polo planeamento.

No suposto de que se pretenda declarar unha área de rehabilitación integral para acollerse ao financiamento estatal dos plans de vivenda, deberán cumprirse os límites mínimos de vivendas e demais requisitos establecidos no correspondente real decreto regulador do plan.

A delimitación da ARI levouse a cabo de maneira que quedasen incluídos no seu interior todas as e

Trátase dunha área aproximada de unha hectárea e recolle todo o conxunto de edificios, rúas e esp

O Birloque é un barrio que supón un dos eixes de expansión da cidade da Coruña, constituído basic

A área delimitada, cunha superficie aproximada de treshectáreas,encádrase nunha área urbana de or

O ámbito recolle unha área urbana con tipoloxía edificatoria propia das vivendas de promoción púb

O Conxunto Histórico de Combarro, declarado en 1972, polo decreto 3.234/1972, do 30 de novembro,

O ámbito desta ARI ten unha superficie de 12,56 hectáreas e comprende a zona histórica que é un a

O ámbito delimitado para a área de rehabilitación coincide coa delimitación do conxunto histórico

O ámbito, cunha superficie de 9,3 hectáreas, inclúe o conxunto histórico, considerado como tecido

O ámbito que comprende a área está caracterizado por un parque de vivendas cun contrastado valor

A ARI comprende a totalidade do ámbito do barrio histórico declarado Conxunto Histórico Artístico

A zona delimitada no ámbito territorial BIC, o recinto amurallado, os grandes edificios e arrabai

Esta área formula a peculiaridade de tratar de englobar a todo un concello, dadas as característi

A delimitación do ámbito da área coincide coa do Plan Especial da Cidade Vella e a A Peixaría, ap

A delimitación do ámbito da área conta con declaración de Ben de Interese Cultural con categoría

Esta área foi declarada o 7 de xullo de 2011 para o ámbito do Casco Vello de Mar

A zona da ARI comprende basicamente o Barrio do Castro, o ensanche e dous bloques de vivendas sim