Esta área foi declarada o 7 de xullo de 2011 para o ámbito do Casco Vello de Marín, e a zona así determinada denomínase Zona Ambiental de Protección. A superficie do ámbito é de 7,6 hectáreas. Non presenta unha unidade tipolóxica nin morfolóxica, destacan a vivenda unifamiliar de orixe mariñeira e a vivenda colectiva de orixe ecléctica ou modernista. Estes dous tipos conviven con edificios de vivenda colectiva de recente construción. Con posterioridade o 16 de setembro de 2015 declárase ARI ao ámbito do Barrio da “Banda do Río Lameira” modificando e ampliando a área xa declarada. O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado o 27.06.2012, delimita como Zona Ambiental de Casco Antigo (ZACA)os ámbitos do casco vello e a zona limítrofe da Banda do Río Lameira. Nesta área sitúanse 1.569 vivendas susceptibles de rehabilitación nunha superficie total de 10,9 hectáreas. O ámbito do río Lameira e a traza urbana da rúa Banda do Río definen basicamente a delimitación proposta agora para a ARI. Está conformada por tres zonas nas que se distinguen tipoloxías tradicionais de vivendas unifamiliares, vivendas tradicionais con intervencións desconformes nos anos 60 e edificios de vivendas dos anos 70.
Imaxe aérea
