Trátase dunha área aproximada de unha hectárea e recolle todo o conxunto de edificios, rúas e espazos libres delimitado pola rúa e travesía de Antonio Pedreira Ríos. O barrio dos Pescadores supón un sector dunha área residencial moito máis ampla, coñecida como Agra do Orzán. O grupo de vivendas dos Pescadores inclúe 112 vivendas construídas en torno a 1957, distribuídas en bloques de tres plantas, ás que se engaden 183 edificadas nos anos 70. O barrio presenta unha baixa calidade construtiva e diferénciase do conxunto da Agra, pola existencia dalgúns espazos libres, practicamente inexistentes no resto, que aínda que deteriorados, poden ser obxecto de reurbanización, tanto no que se refire ao seu deseño como a súa utilidade pública.
Esta área foi declarada o 19 de outubro de 2009 e comprende 295 vivendas.
Imaxe aérea
