Esta área formula a peculiaridade de tratar de englobar a todo un concello, dadas as características deste, como núcleo principal da Ribeira Sacra. A poboación está dispersa en núcleos asociados á industria vinícola, núcleos de grande interese arquitectónico e etnográfico, que comparten unha mesma tipoloxía construtiva e que posúen elementos catalogados e con protección por parte de Patrimonio. Predomina a edificación destinada a vivenda, agrupada en edificios de vivendas e en vivendas unifamiliares. O 60% das vivendas utilízanse como primeira vivenda, destacando o elevado número de vivendas secundarias e baleiras cunha porcentaxe do 38%. As vivendas baleiras acostuman ter unha ocupación temporal, só se utilizan en períodos vacacionais e están desocupadas o resto do ano.
Esta área foi declarada o 8 de novembro de 2011 e nela sitúanse 2.328 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea
