Área de Rehabilitación de Centro histórico
Pontevedra (Pontevedra)
O ámbito delimitado para a área de rehabilitación coincide coa delimitación do conxunto histórico de Pontevedra e, polo tanto, das determinacións do Plan Especial de Protección e Reforma Interior e Conservación Artística (PEPRICA) aprobado definitivamente o 27 de febreiro de 2003. O casco antigo de Pontevedra foi declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Conxunto Histórico Artístico no ano 1951. A tipoloxía propia do conxunto histórico consiste na tradicional disposición de vivendas entre medianeiras, con tres andares de altura media, en moitos casos cunha única vivenda. Esta área foi declarada o 4 de outubro de 2012, comprende unha superficie de 192.774,21 m2 e nela sitúanse 1.528 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.