A zona delimitada no ámbito territorial BIC, o recinto amurallado, os grandes edificios e arrabais medievais e os enclaves históricos do río, forman o arco urbano do Plan Especial de Conservación do Casco Histórico de Allariz, o PECHA, que persegue fundamentalmente a rehabilitación integral do dito ámbito. O plan foi aprobado definitivamente o 9 de maio de 1995. Este conxunto abarca unha superficie de 28,9 hectáreas. O casco histórico de Allariz conserva un prodixioso equilibrio entre diferentes arquitecturas, entre espazos baleiros e macizos construídos, entre usos de diverso tipo. A inmensa maioría constitúen propiedade única dentro do casco histórico, á vez que manteñen o seu marcado carácter unifamiliar.
Esta área foi declarada o 5 de xullo de 1996 e nela sitúanse 690 vivendas obxecto de rehabilitación.