Área de Rehabilitación de Centro histórico
A Coruña (A Coruña)
A delimitación do ámbito da área coincide coa do Plan Especial da Cidade Vella e a A Peixaría, aprobado definitivamente polo Pleno Municipal na sesión do día 14 de decembro de 1998, (PEPRI). Segundo as determinacións do PEPRI, no ámbito existen un total de 39 edificacións con protección monumental, 56 con protección integral; 351 con protección de tipo estrutural e 446 con protección ambiental.
Aproximadamente o 60% dos edificios do ámbito están destinados a un uso residencial, dedicándose o resto fundamentalmente ao comercio, que se localiza, sobre todo, nas plantas baixas dos edificios.
Esta área foi declarada o 14 de novembro de 2003 e comprende 8.535 vivendas.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.