A ARI comprende a totalidade do ámbito do barrio histórico declarado Conxunto Histórico Artístico o 31 de decembro de 1970 e a súa zona de protección, o barrio da Ribeira e os barrios antigos da Magdalena e Nosa Señora dos Remedios. Betanzos tivo un gran esplendor na época medieval e na idade moderna relacionada co desenvolvemento do comercio. Na cidade histórica de Betanzos conviven os monumentos, os edificios nobres de carácter público e os edificios residenciais nos que destacan as fachadas coas tradicionais balconadas e galerías. Nela vive un terzo da poboación total do concello, pero non escapa da problemática común ás zonas históricas: envellecemento demográfico, perda de poboación e rendas baixas. Os principais problemas que afectan ás vivendas son: frío e humidade, dimensións pequenas, mala distribución e necesidade de garaxe e aparcamento. Esta área foi declarada o 24 de outubro de 2002 O parque edificatorio cífrase en 1.158 vivendas.
Imaxe aérea
