A delimitación da ARI levouse a cabo de maneira que quedasen incluídos no seu interior todas as edificacións e os espazos públicos que conforman o Grupo de Vivendas María Pita, construído entre os anos 1954 e 1960, no que existe unha degradación paulatina das edificacións e do contorno que xustifican unha intervención conxunta no ámbito considerado. Este grupo de vivendas está formado por edificacións de catro plantas de altura (planta baixa+3 alturas) O uso destas edificacións é residencial (vivendas) tanto na planta baixa como nas plantas superiores. A única excepción prodúcese en dous dos 47 edificios do conxunto, nos cales, na planta baixa en vez de vivendas existe un uso comercial, polo tanto o uso maioritario é residencial. Esta área foi declarada o 22 de xullo de 2015. Trátase dun grupo de 444 vivendas.
Imaxe aérea
