Área de Rehabilitación Integral Xeral
Xunqueira de Ambía (Ourense)
O ámbito desta ARI ten unha superficie de 12,56 hectáreas e comprende a zona histórica que é un asentamento urbano de carácter histórico. Conta cun Ben de Interese Cultural e o seu uso maioritario é o residencial, no que se poden distinguir dúas tipoloxías diferenciadas, dun lado edificación que se arrima en ringleiras aliñadas en torno a vías e prazas, cun tipo edificatorio de vivenda unifamiliar ou plurifamiliar entre medianeiras e, por outro lado, casarío de vivenda unifamiliar illada ou pareada se a construción é simultánea. Esta área foi declarada o 16 de setembro de 2015 e nela sitúanse 189 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea
Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.