Área de Rehabilitación de Centro histórico
Poio (Pontevedra)
O Conxunto Histórico de Combarro, declarado en 1972, polo decreto 3.234/1972, do 30 de novembro, está situado no Concello de Poio, levantado sobre unha enseada debuxada na marxe norte da Ría de Pontevedra. O núcleo articúlase a partir do borde marítimo e conxuga, entre rúas sinuosas, os elementos da arquitectura popular cos elementos máis puros dos mestres canteiros. O ámbito da ARI, caracterizado por un parque de vivendas cun contrastado valor histórico-arquitectónico, é practicamente coincidente coa declaración de Conxunto Histórico e comprende a totalidade do Plan Especial e a zona de influencia vinculada ao “Camiño Real”. Esta área foi declarada o 31 de outubro de 2002 e nela sitúanse 110 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.