O Polígono de vivendas que conforman os grupos Compostela e Cardeal Quiroga Palacios, localizado ao suroeste da cidade de Santiago de Compostela, forman unha unidade estrutural definida por dous espazos residenciais que unicamente se diferencian pola estética edificatoria.
Na súa orixe foron vivendas de promoción pública, concretamente, o Grupo Compostela ocupouse en 1955 e o Cardeal Quiroga Palacios en 1972. A caracterización orixinaria do Barrio de Pontepedriña, como barrio popular, transcorridos máis de trinta anos dende a súa construción, conserva plena vixencia. Os dous grupos caracterízanse por ter unha morfoloxía composta por un entramado aberto no que os edificios en forma de bloques se dispoñen de xeito illado deixando numeroso espazo libre entre eles. As alturas dos edificios oscilan entre catro (Grupo Compostela) e cinco andares (Grupo Cardeal Quiroga) incluída o baixo.
Esta área foi declarada o 23 de decembro de 2008 e neste ámbito existen 376 vivendas en 42 edificios destinadas a uso residencial.
Imaxe aérea
