Área de Rehabilitación Integral
Neda (A Coruña)
O ámbito, cunha superficie de 9,3 hectáreas, inclúe o conxunto histórico, considerado como tecido histórico principal da Vila de Neda, e o lugar de Santa María. No relativo ás características das vivendas cabe salientar que a maioría son vivendas unifamiliares, predominando a tenza en propiedade fronte á ocupación en alugamento. En canto ás tipoloxías construtivas claramente definidas son: casa terrea, con elementos propios da arquitectura popular, casa con soportal, casa con horta, casa de aldea illada e casa-muíño.
Esta área foi declarada o 17 de novembro de 2003 e comprende 106 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.