A área delimitada, cunha superficie aproximada de treshectáreas,encádrase nunha área urbana de orde superior coñecida como Palavea, que nos últimos anos viu como proliferaban novas construcións. O grupo constitúe unha unidade arquitectónica e urbanística diferenciada, caracterizado polas novas construcións e pola existencia de grandes superficies comerciais e poucos equipamentos públicos. As vivendas de Santa Cristina de Palavea son vivendas de protección oficial construídas nos anos 50 en bloques de catro alturas. Dende o punto de vista da paisaxe urbana, presenta unha imaxe de vivendas de baixa calidade construtiva, onde o mobiliario urbano é practicamente inexistente.
Esta área foi declarada o 19 de outubro de 2009 e comprende 288 vivendas.
Imaxe aérea
