A delimitación do ámbito da área conta con declaración de Ben de Interese Cultural con categoría de Conxunto Histórico, Plan Especial de Protección e Ordenación do Conxunto Histórico-Artístico de Castro Caldelas de 1995. A área de actuación presenta unha extensión duns 80.000 metros cadrados e inclúe a maior parte do núcleo actual comprendida polo casco medieval, as inmediacións do Castelo, a Praza do Prado e o Núcleo do Toural, o resto do núcleo corresponde a crecementos máis recentes. O tipo de vivenda maioritario é o de edificación entre medianeiras que acolle unha soa vivenda acadando unha porcentaxe próxima ao 80% do total edificado. Esta condición acentúase especialmente na zona alta do casco histórico e nas inmediacións do castelo onde non existen vivendas de uso colectivo. En canto á súa tipoloxía máis do 80% son vivendas unifamiliares. Esta área foi declarada o 2 de marzo de 2007 e nela sitúanse 195 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea
