Área de Rehabilitación Integral
A Coruña (A Coruña)
O Birloque é un barrio que supón un dos eixes de expansión da cidade da Coruña, constituído basicamente por vivendas de protección oficial, construídas en torno a 1959, cunha tipoloxía edificatoria en bloque, composta por cinco bloques encostados de baixo máis tres plantas, totalmente homoxéneos nos seus aspectos construtivos. Os problemas fundamentais derivan da antigüidade e dos materiais empregados na época. Neste barrio predomina a actividade residencial fronte á comercial que é practicamente nula.
Esta área foi declarada o 22 de febreiro de 2010 e comprende 40 vivendas.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.