Área de Rehabilitación Integral
Ourense (Ourense)
A área declarada sitúase na zona sur da cidade de Ourense, e pode considerarse como a súa zona de expansión. Ten unha superficie de 21,05 hectáreas. As primeiras edificacións datan do ano 1954 e son o grupo de vivendas Santa Bárbara, no barrio do Polvorín; posteriormente, en 1960, constrúense os bloques das Camelias promovidas pola Caixa de Aforros de Ourense e, na década dos 70, desenvólvese o barrio da Carballeira e gran parte das Camelias. En canto á tipoloxía das edificacións trátase de edificación illada en torre, bloque lineal ou en bloque formando quinteiros.
Esta área foi declarada o 19 de outubro de 2009 e no ámbito hai un total de 357 edificios que albergan 2.290 vivendas que poden ser obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.