Área de Rehabilitación Integral
Ribadeo (Lugo)
Rinlo é unha vila con máis de 500 anos de historia que ten as súas orixes como porte baleeiro. Na actualidade é un pequeno e pintoresco porto pesqueiro que pertence ao Concello de Ribadeo. O seu carácter mariñeiro pode apreciarse en detalles como casas colgadas sobre os cantís, tellados expostos a ventos e tempestades, entrada do mar na zona urbana e estreitas rúas asomadas ao mar.
O ámbito da ARI ten unha superficie aproximada de 3,6 hectáreas, e os seus edificios presentan diversos estados de conservación.
Esta área foi declarada o 16 de marzo de 2009 e nela sitúanse 311 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.