A zona que se inclúe na área de rehabilitación, na súa orixe estaba formada por dous barrios: o de Axesta e o da Cerca, conxunto declarado de interese Histórico Artístico por Decreto 28/6/70. De cara ao mar, os edificios medievais son un dos exemplos de tipoloxía e morfoloxía urbanas máis notables na construción de asentamentos deste tipo. Caracterízanse estes edificios pola súa proporción longa e profunda, apoiada sobre muros de carga perpendiculares á costa que se axustan en rúas paralelas, adaptadas á topografía do terreo. O uso predominante nas edificacións é o residencial; a maioría dos edificios correspóndense con vivendas unifamiliares e o 36,6% presentan a planta baixa activa cun total de 253 locais comerciais en soto ou planta baixa.
Esta área foi declarada o 01 agosto de 2001 e nela sitúanse 1.044 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea
