A delimitación para esta área procede da delimitación establecida nas Normas Subsidiarias do Planeamento do Termo Municipal de San Cibrao das Viñas, aprobadas definitivamente o 30 de decembro de 2004 e regulada integramente pola ordenanza específica nº O-1.1 Barrios Orixinarios. Con esta delimitación preténdese a protección dos barrios orixinarios do núcleo do Concello de San Cibrao ao tempo que se fomenta a rehabilitación e a recuperación de elementos de interese deteriorados ou arruinados. A meirande parte das vivendas do ámbito destínanse a uso residencial, en dúas edificacións danse actividades non residenciais nas plantas baixas (un uso comercial actualmente sen actividade e unha cafetería), outras dúas destínanse a equipamento comunitario relixioso (capela e igrexa) e sete en parcela exclusiva dedícase a almacéns e/ou garaxes. Esta área foi declarada o 16 de setembro de 2015 e conta cunha superficie aproximada de 4,00 hectáreas. Nela sitúanse 201 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea
