O ámbito ten unha superficie de 3,6 hectáreas. San Vicente de Elviña era en orixe un núcleo rural no entorno próximo á cidade da Coruña. As edificacións principais do núcleo, teñen na súa maioría un uso residencial. Tamén se encontran no contorno un número importante de edificacións auxiliares que representan unha porcentaxe moi significativa do total da superficie construída do núcleo. As edificacións principais manteñen certa homoxeneidade e presentan as seguintes características propias dun tecido tradicional: unha, dúas ou tres alturas, sendo as de dúas alturas as máis numerosas; son principalmente unifamiliares; presentan volumetrías e tamaños similares entre si. Nas edificacións principais con uso residencial pódense establecer basicamente tres categorías: edificacións tradicionais, edificacións con sistemas construtivos de muros de carga non tradicionais e edificacións con sistemas construtivos recentes. Esta área foi declarada o 22 de xullo de 2015 o núcleo de rehabilitación comprende 83 vivendas.
Imaxe aérea
