O núcleo de Estribela é unha das barriadas mariñeiras de tipoloxía tradicional máis destacadas da península do Morrazo. No núcleo de Estribela a meirande parte da edificación actual constrúese no século XIX ou nas primeiras décadas do século XX. Do XIX, como edificacións máis representativas están: a vivenda dunha burguesía incipiente, soe ter un tamaño de planta media o media-grande e a vivenda mariñeira de reducida planta, de unha ou dúas plantas, xeralmente de pouca altura. Do XX é a meirande parte da edificación existente de Estribela, trátase dun tipo de edificio urbano que adoita ter dúas ou tres plantas construídas en pedra. Esta área foi declarada o 3 de maio de 2007 conta cunha superficie de 552 hectáreas e nela sitúanse 481 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea
