O ámbito da ARI ten unha superficie de 3,3 hectáreas e coincide coa delimitación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Conxunto de Interese Etnográfico de Seixalbo (PECIE) aprobado definitivamente en sesión plenaria do 30 de xuño de 2003. Trátase dun conxunto cun considerable valor arquitectónico, histórico artístico e sobre todo, etnográfico que debe revitalizarse para conxugar a realidade arquitectónica e urbanística dun núcleo rural que foi concibido para unhas actividades de carácter agropecuario que na actualidade case se perderon por completo. O uso máis común nas plantas baixas é o dedicado a labores de almacenamento. Nas plantas superiores o uso frecuente é o de vivenda (82% do total) e nas plantas superiores (2ª e 3ª) o uso residencial chega ata o 72%. O 57% das edificacións manteñen a ocupación polos diferentes usos existentes. Esta área foi declarada o 24 de outubro de 2003 e nela sitúanse 262 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea
