A estrutura urbana do casco histórico de Ourense ten unha extensión aproximada de 20 hectáreas. A conservación dos edificios contou con protección dende a declaración do casco histórico como Conxunto Histórico Artístico o 12 de setembro de 1975. O Concello de Ourense aprobou definitivamente o 13 de setembro de 1996 o Plan Especial de Reforma Interior, PERI, do casco histórico de Ourense. O casco histórico é lugar de residencia para o 8,8% da poboación da cidade, cunha superficie aproximada de 12,5 hectáreas. A cidade histórica acolle diversidade de funcións sendo as máis características as institucionais e eclesiástica. O uso principal é o residencial ao que se dedican un 95,23% dos edificios e só un 91,69% exclusivamente a vivendas o 3,54% de diferencia corresponde á convivencia das vivendas con outras actividades.
Esta área foi declarada o 9 de xaneiro de 1998 e nela sitúanse 2.520 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea
