Área de Rehabilitación Integral
Vilalba (Lugo)
O ámbito ten unha superficie aproximada de 7,8 hectáreas e a súa delimitación procede do ámbito de protección de casco antigo establecido nas normas subsidiarias de Planeamento Municipal de Vilalba, aprobadas o 13 de marzo de 1984, ampliado segundo acordo plenario o 30 de decembro de 1999. A perda de poboación e o envellecemento demográfico van reducindo paulatinamente o uso residencial do casco antigo.
Esta área foi declarada o 13 de setembro de 2000 e nela sitúanse 528 vivendas susceptibles de rehabilitación. As vivendas agrúpanse en 395 edificios destinados a uso residencial.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.