O barrio histórico de Sarria desenvolveuse en torno ao camiño de Santiago que nos leva dende a Escalinata Maior ata a Capela da Santa Misión, próxima ao ámbito do castelo.
No barrio histórico existen 116 edificios residenciais, dos que 15 teñen actividades non residenciais na planta baixa, principalmente pequenos comercios. O estado de conservación dos edificios indica que un 80 % serían susceptibles de rehabilitación en maior ou menor medida.
A delimitación inclúe, ademais do barrio histórico, tres vías importantes: a rúa do Porvir, a do Marqués de Ugena e Benigno Quiroga, por ser zonas que na actualidade xeran espazos de grande interese social, económico e turístico. O 77% dos edificios deste espazo urbano precisa tamén, en distinta medida, de actuacións de rehabilitación.
Esta área foi declarada o 3 de outubro de 2003 e nela sitúanse 220 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea
