Na área de rehabilitación declarada distínguense tres zonas fisicamente diferenciadas: o Centro Histórico, o Barrio dos Muíños e o Barrio de San Lázaro.
O Plan Especial de Reforma interior e Protección do Conxunto Histórico-artístico aprobado definitivamente o 24 de marzo de 1994, constitúe o primeiro instrumento de protección urbanística da área. Na actualidade o centro histórico segue sendo o foco da vida urbana, mantendo o seu nivel de representatividade dos edificios e espazos públicos, concentrando o comercio e aloxando a poboación residente. En diferente medida, os tres conxuntos presentan a maior parte dos males que afectan habitualmente aos cascos históricos: certa degradación das casas e dos espazos públicos, envellecemento da poboación e desocupación residencial.
A área foi declarada o 23 abril de 1998 e comprende 938 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea
