Esta área foi declarada o 29 de xaneiro de 2003 e o ámbito coincide co do Plan Especial de Protección que se estaba tramitando nese momento, a zona encóntrase incluída no ámbito delimitado como entorno do BIC do Mosteiro de San Salvador. Con respecto aos usos a función predominante, no ámbito de actuación, é a residencial e terciaria. O uso nas plantas altas é sempre o de vivenda e nos baixos, ademais deste, predomina o comercial.
Posteriormente, o 16.09.2015, amplíase para incluír no ámbito as zonas de respecto ao redor do Casco Antigo de Lourenzá. A Área de Rehabilitación Integral comprende un amplo conxunto configurado por dúas zonas: o entorno BIC do Mosteiro de San Salvador e o solo urbano inmediato a este. A zona que se corresponde co entorno BIC ten unha extensión de aproximadamente 1,22 hectáreas. A superficie total da área de rehabilitación, é de 4,30 hectáreas. O tecido residencial artéllase entre o conxunto eclesiástico que forman o Mosteiro de San Salvador e a Igrexa de Santa María de Valdeflores por un lado e as edificacións de usos civil e administrativo. Neste ámbito sitúanse 189 vivendas que son obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea
