O ámbito da área de rehabilitación procede da delimitación establecida nas normas Subsidiarias do Planeamento do Termo Municipal de Rianxo, aprobadas definitivamente, por acordo da Comisión Provincial de Urbanismo, o día 11 de xullo de 1985. Tamén se delimitaron dúas zonas próximas, núcleo de Rianxiño e Fincheira; debido no primeiro caso ao grave proceso de deterioración e abandono de edificacións tradicionais e no segundo caso á convivencia indiscriminada de novas edificacións plurifamiliares con vivendas unifamiliares realizadas a mediados e principios do último cuarto do século XX. Con esta delimitación búscase a protección Estrutural do Casco e a Zona de influenza nos barrios orixinarios de Rianxiño e Fincheira.
Esta área foi declarada o 05 maio de 2008 e comprende 816 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea
