Padrón ten a súa orixe no século X e ao longo da súa historia aparece fortemente vinculado ás peregrinacións xacobeas. Foi declarado paraxe pintoresco por Real decreto 3260/1977, do 11 de novembro e conta con outros monumentos declarados.
O ámbito da ARI coincide coa delimitación do Plan Especial do casco antigo, salvo reaxustes puntuais na zona de contacto do plan especial coas edificacións sitas na marxe dereita da N-550. Conta cunha superficie aproximada de 16 hectáreas. O barrio histórico conserva unha disposición medieval, os edificios están destinados a uso residencial e cabe destacar que hai un elevado grao de deterioración dos inmobles.
Esta área foi declarada o 14 de novembro de 2003 na que se sitúan 356 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea
