O ámbito declarouse Conxunto Histórico o 31 de xaneiro de 1984 facéndose posteriormente o plan de reforma e protección interior do conxunto histórico. Neste conxunto pode apreciarse tanto edificios nobres como a tradicional arquitectura popular mariñeira de Galicia, nas típicas casas de galerías e balcóns.
A perda de poboación e o envellecemento demográfico van reducindo paulatinamente o uso residencial do casco antigo, favorecendo a deterioración dos edificios. No ámbito do casco antigo están desocupadas aproximadamente o 21% do total de vivendas, as cales pertencen na súa maior parte a edificios en mal estado de conservación ou en estado ruinoso. Non obstante tamén cabe destacar a existencia de edificios desocupados en bo estado de conservación.
Esta área foi declarada o 15 de decembro de 2003 e comprende un total de 192 vivendas.
Imaxe aérea
