Área de Rehabilitación Integral
Mugardos (A Coruña)
O ámbito da zona do casco antigo da Vila de Mugardos abrangue unha superficie de 7,35 hectáreas e o da zona do casco antigo do Seixo unha superficie de 2,27 hectáreas. Dado o estado de deterioración dos núcleos, tanto de Mugardos como do Seixo, froito dun envellecemento da poboación e progresiva deterioración das vivendas, se impuxo a necesidade de actuación nestas áreas, co obxectivo de paliar a situación actual e revitalizar o ámbito máis antigo de ambos os dous núcleos. O asentamento histórico da Real Vila de Mugardos caracterízase por agrupar edificios residenciais. Esta área foi declarada o 17 abril de 2006, e dentro desta área hai 67 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.