Este ámbito está afectado polo PEPREI COIA que conta con aprobación definitiva. Recolle unha área urbana con tipoloxía edificatoria propia das vivendas de promoción pública construídas en varios grupos nos anos 1968 e 1973. A área está dentro do Polígono de Coia dos anos 70. A edificación que inclúe esta área presenta unha unidade tipolóxica e morfolóxica, e constitúe un espazo no que a edificación se adapta á topografía. A distribución espacial é moi sinxela, distribuído en 45 edificios que conforman diferentes espazos libres. As edificacións son de uso privado residencial. O 100% da superficie parcelada é de uso residencial ou se dedica á residencia con outros usos asociados e compatibles con ela, como rochos, despacho profesional ou oficina sen separación da propia vivenda. Esta área foi declarada o 22 de xullo de 2015, ocupa unha superficie de 2,63 hectáreas e nela sitúanse 360 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea
