O ámbito ten unha superficie de 8,7 quilómetros cadrados. Nesta área do interior de Ourense, a unidade familiar está disgregada en varias edificacións das que unha serve para vivenda, normalmente situada na planta alta sobre a carbaliza, outra independente para a cociña coa lareira, outras serven para o almacenamento (leñeiro, palleiros, bodegas) outras para a garda do gando (cortes, cortellos) e noutras desenvólvense actividades artesanais ou de produción (fornos, muíños). Dentro da ARI hai lugares incluídos nos ámbitos de protección de patrimonio, especialmente en Ducí, Armea, Laioso e na aldea de Santa Mariña, que practicamente quedan recollidos na súa totalidade nos ditos ámbitos. Esta área foi declarada o 16 de setembro de 2015 e nela sitúanse 358 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea
