Área de Rehabilitación Integral
Ribadavia (Ourense)
A área de rehabilitación é coincidente co ámbito do Plan Especial (PERI) aprobado definitivamente en sesión plenaria do 15 de maio de 2001. O desenvolvemento do núcleo de San Cristovo é compacto, presentando o seu crecemento arredor da Igrexa. A altura media das edificacións no centro histórico é de dúas plantas (72,78%) existindo edificacións dunha soa planta (18,34%) e edificacións de tres plantas (8,88%). O uso maioritario é de vivenda unifamiliar. O comercio é inapreciable limitándose a unha tenda e unha carnicería. En canto a equipamento conta coa igrexa e o centro social.
Esta área foi declarada o 9 de xullo de 2008 e nela sitúanse 121 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.