O barrio do Sagrado Corazón sitúase ao leste da cidade de Lugo, entre os ríos Rato e Fervedoira, na ladeira occidental da conca do primeiro. O ámbito de actuación abarca unha superficie de 23,9 hectáreas e presenta un perímetro de forma irregular. O polígono edificouse na segunda metade do século XX acolléndose aos beneficios de vivendas de renda limitada. Ademais das construcións destinadas exclusivamente a usos dotacionais (colexio, igrexa) os edificios poden agruparse en cinco tipos diferenciados de bloques de vivendas. A tipoloxía é aberta, aínda que configurando agrupacións de dous ou máis bloques con portais independentes. En canto ao uso é predominante residencial, algún dos locais das plantas baixas dos bloques están destinados a uso comercial. Esta área foi declarada o 19 de xullo de 2007. O Barrio do Sagrado Corazón componse dun total de 25 edificios de uso residencial con 340 vivendas.
Imaxe aérea
