O actual barrio de Vite sitúase na zona norte da cidade de Santiago de Compostela e xurde como unha peza planificada a través do Plan Parcial do Polígono de Vite redactado en 1968 e aprobado en 1969. A área delimitada constitúe un sector homoxéneo cunha serie de características tipolóxicas, morfolóxicas e estruturais que lle confiren racionalidade interna e idiosincrasia propia no conxunto da cidade. Son vivendas de promoción publica construídas nos anos 70 e 80 con tipoloxía de edificación aberta en bloques. Atópase actualmente nunha zona de coidada urbanización, con espazos verdes e zonas libres de grande riqueza e dimensión e próxima a áreas cunha importante actividade administrativa e docente. Esta área foi declarada o 15 de febreiro de 2016 e conta no seu ámbito delimitado con 1.263 vivendas, en edificios de tipoloxía residencial colectiva.
Imaxe aérea
