Área de Rehabilitación Integral Xeral
Ferrol (A Coruña)
O ámbito abrangue 5,35 hectáreas. Esteiro Vello é un Barrio Catalogado cunhas características urbanísticas, arquitectónicas e históricas que o dotan de singularidade. É o primeiro barrio planificado da cidade de Ferrol, cun trazado militar, tal e como se pode ver na súa planta que orixinariamente constaba de seis rúas lonxitudinais e paralelas cortadas por outras transversais de menor lonxitude e diferentes seccións. O barrio presenta un índice de ocupación importante nos edificios que son habitables, moitos deles de vivenda colectiva, aínda que tamén hai vivendas unifamiliares. Esta área foi declarada o 22 de xullo de 2015 e comprende un total de 504 vivendas.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.