ARI xeral
A Coruña (A Coruña)
O ámbito comprende un grupo de vivendas popularmente coñecido como “Casas de Franco”, ocupando unha extensión total de 2,12 hectáreas. As vivendas teñen como destino as familias de traballadores que se trasladan dende as zonas rurais á cidade en busca de traballo. Eran vivendas de renda “extraordinariamente reducida” para aloxar familias con ingresos reducidos. Só existe un tipo de vivenda. Para reducir custo e maximizar a superficie dedicada a vivendas, limítase o número de portais, de maneira que para acceder a varias das escaleiras de distribución débese de atravesar o patio. Esta área foi declarada o 22 de xullo de 2015. O ámbito comprende 578 vivendas en 12 portais e 24 locais (2 por portal).
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.