A área de rehabilitación do casco histórico de Bouzas coincide cos límites do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do casco histórico de Bouzas (PEPRI) axustándose á modificación puntual do PXOU 93 que se tramitou simultaneamente co PEPRI de Bouzas. A situación xeral do casco histórico de Bouzas é de mediana degradación urbana, económica e social. A delimitación actual do barrio histórico de Bouzas recolle 138.906 m2. Na área do Plan conviven con certa harmonía as vivendas unifamiliares cos edificios de vivendas, a propiedade é o sistema de tenza maioritario. O sistema de propiedade do edificio correspóndese coa tipoloxía do ámbito de traballo. Esta área foi declarada o 25 de marzo de 2003 nela sitúanse 500 vivendas obxecto de rehabilitación.
Imaxe aérea
