O ámbito delimitado está declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de conxunto histórico o casco antigo de Baiona no ano 1993. En canto ás tipoloxías edificatorias, a arquitectura do conxunto histórico presenta unhas características moi homoxéneas, con carácter xeral, falamos de vivendas entre medianeiras. As vivendas illadas aparecen con carácter residual, as colectivas trátase de edificacións moi recentes. A edificación predominante é a vivenda unifamiliar entre medianeiras entre as que é posible encontrar distintas variantes, dende a vivenda terreña, vivenda de pescadores dunha planta á vivenda en dúas alturas na que a planta baixa pode ter outros usos. Esta área foi declarada o 18 de febreiro de 2011 e nela sitúanse 709 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea
