A estrutura presente no núcleo de Vilar de Santos é a dun asentamento de tipo tradicional formada na súa maioría por un tecido de casarío pechado denso. Dado que este tipo de poboacións xorden intimamente ligadas aos procesos de produción agropecuaria, conta cunha gran variedade de edificacións complementarias da residencial destinada á garda de apeiros, estabulación do gando dentro do ámbito da ARI. Esta área foi declarada o 21 de xuño de 2011 e nela sitúanse 216 vivendas obxecto de rehabilitación incluídas en 411 edificacións, as estantes 195 corresponderíanse con construcións auxiliares e complementarias de todo tipo: garaxes, palleiras, galpóns, etc., localizadas dentro das parcelas, ben de forma illada, ben formando pequenas agrupacións, principalmente en torno a vivendas.
Imaxe aérea
