Área de Rehabilitación Integral
Verín (Ourense)
O ámbito da área coincide coa zona primitiva da Vila e o Barrio Antigo de San Lázaro que segundo se deduce da análise histórica conserva a súa morfoloxía ata os nosos días. A delimitación conta co Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) aprobado definitivamente no ano 2003. Predominan os edificios de planta baixa e unha planta seguidos dos edificios de planta baixa e dúas altas, estando algúns desocupados, o resto de edificios que están ocupados destínanse as plantas baixas a uso comercial e as plantas altas a vivenda. A maioría das edificacións de planta baixa están destinadas a usos de almacenamento e garaxe. Esta área foi declarada o 17 de abril de 2006 e nela sitúanse 840 vivendas susceptibles de rehabilitación.
Imaxe aérea

Copyright: Instituto Geográfico Nacional de España - Xunta de Galicia.